Así foi a gala dos XXV PREMIOS OPINIÓN da Música de Raíz
A gala no teatro Rosalía de Castro homenaxou á Real Academia Galega por dedicar o Día das Letras ás cantareiras e celebrou as catro décadas na música de Uxía. Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras desvelaron as sementes das súas cancións e Rosa Cedrón levou ao público por unha viaxe de estilos e referencias.