A presentación de 'Cangas 1936. Crónica da violencia golpista'
O público encheu o salón de plenos do Concello de Cangas para asistir á presentación do libro «Cangas 1936. Crónica da violencia golpista», de Xoán Chillón. O profesor e investigador estivo acompañado pola presidenta da Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de Agosto, Mari A.Lires, no día no que se conmemorou o 90 aniversario do asasinato dos Mártires de Anguieiro.